Os motores do ensino
Publicado por romanlandin on Abril 5, 2009

Alguén dubida vendo estas caras que palabras como entusiasmo, cooperación, vitalidade, compromiso, voluntarismo, dedicación… son fundamentais no ensino?
Dende o IES As Bizocas Seso Durán e o seu alumnado van queimando etapas de cara a unha nova aparición pública da Orquestra Orff no Festival Música nas túas Palabras, que combina música e poesía nun repertorio que acolle tamén as partituras compostas para a ocasión polo profesor de música do centro e que serven de acompañamento aos textos premiados no IIIº Certame de Poesía Xosé A. Barral, un concurso escolar modélico que vai a máis en cada edición.
Parabéns á comunidade escolar das Bizocas!
Esta entrada foi publicada en Abril 5, 2009 a 8:01 pm and is filed under Normalización, Varia. Etiquetado: Certame de Poesía Xosé A. Barral, IES As Bizocas, Ogrobe, Orquestra Orff, Seso Durán. Pode seguir calquera das respostas a esta entrada ó traveso de RSS 2.0 feed. Podes deixe unha resposta, ou trackback Dende oteu propio sitio.











Seso Durán dixo
Moitas grazas polas túas palabras Román. Este ano non podes deixar de vir ao festival. Conta que será, coma sempre, a finais de xuño, esta vez na Casa de Cultura Monte da Vila, no centro de O Grove.
Saúdos de Olga, que che envia parabéns polo teu blogue.
Seguimos en contacto.
Unha aperta!