Caderno de Lingua

Blogue de Aula de Lingua Galega e Literatura

Os meus dardos

Publicado por romanlandin on Febreiro 3, 2009

Dende o blogue coa mellor denominación de orixe da blogosfera mundial, Made in Galiza, Séchu Sende atinoume cun Prémio Dardo.

«Com o Prémio Dardos reconhecem-se os valores que cada blogger, emprega ao transmitir os mesmos por culturais, éticos, literários, pessoais, etc., que, em suma, demonstram sua criatividade através do pensamento vivo que está e permanece intacto entre suas letras, entre suas palavras. Esses selos foram criados com a intenção de promover a confraternização entre os bloggers, uma forma de demonstrar carinho e reconhecimento por um trabalho que agregue valor à Web.

Este Prémio obedece a algumas regras:
1) Exibir a imagem do selo;
2) Linkar o blogue pelo qual se recebeu a indicação;
3) Escolher outros blogs a quem entregar o Prémio Dardos.»

E os meus dardos zoan camiño de…

Xano Cebreiro, que non só remexe na lingua 

Alberto Armada, infatigábel abrindo camiños para os/as compañeiros/as do cole no seu Ticblog

Seso Durán, que nos achega a súa música de xoguete

Heladio, dende a rúa dos Caladiños ensinando a recoñecer o presente ollando polo retrovisor

5 Respostas to “Os meus dardos”

  1. heladioanxo dixo

    Xa sei que o merezo (é broma) pero estou emocionado e moi agradecido, por vir de quen vén e porque é un dardo de amor (sen lingua).

  2. Xano dixo

    Grazas, Román, por seguir “confraternizando”. O que ti recibes, máis que merecido.
    Apertas.

  3. Vindo de ti, compañeiro, bríndasme non só a ledicia de saber que estou no teu pensamento senón tamén a oportunidade de cho agradecer cunha aperta física poucas veces posible neste mundo virtual.
    O teu Caderno foi só o comezo desa grande e xenerosa actividade que desenvolves a cotío no CPI de Cuntis e que está a deixar unha pegada coma poucas.
    Vémonos.

  4. sesoduran dixo

    Moitas grazas Román polo teu dardo e por téresme iniciado na blogosfera naqueles tempos inesquecibles en as bizocas.
    Unha aperta compañeiro!

  5. [...] caderno de lingua, os meus dardos, os papalibros | No Comments  Desde o imprescindible Caderno de lingua, o blog de Román Landín, chegoume un Prémio [...]

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>