No programa das xornadas Competencia en comunicación lingüística nunha Europa plurilingüe e pluricultural aparecía este blogue como título dun dos obradoiros aínda que realmente non se trataba de iniciar aos asistentes na elaboración dunha bitácora en WordPress. En Pontevedra, como reseñei antes aquí e mais aquí, tentei simplemente animar aos que aínda non se aventuraron neste mundo da web 2.0 a facelo dende unha actitude destemedida sen ter en conta as carencias iniciais, porque os coñecementos necesarios son poucos, e crendo na potencialidade destas novas ferramentas no ensino.
Unha boa plataforma onde iniciarse nas aplicacións web 2.0 é o wiki Ferramentas web, que xestiona Xano Cebreiro.










Pingback: Os blogues educativos (revisión) « Caderno de Lingua
Pingback: Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüística « Caderno de Lingua