Caderno de Lingua

Blogue de Aula de Lingua Galega e Literatura

Festival Música nas túas palabras

Publicado por romanlandin on Xuño 23, 2008

orff

O Festival Música nas túas palabras chegou á súa segunda edición no IES As Bizocas do Grove. Trátase dunha fermosa e moi laboriosa iniciativa do Equipo da Biblioteca e o Departamento de Música, é dicir, dos profesores José Manuel e Olga, e podemos asegurar que, pese ao pouco tempo transcorrido, estamos ante un proxecto novidoso e referencial no ámbito escolar galego.

Música nas túas palabras conxuga poesía e música: os poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé A. Barral son musicados e interpretados pola Orquestra Orff do IES As Bizocas. O concurso poético vai tamén na súa segunda edición e neste curso tivo como presidente do xurado ao escritor cambadés Ramón Caride. Se nun principio podían presentarse a este certame alumnos e alumnas do concello do Grove, desta volta abrangueu todo o Salnés en dúas modalidades: ESO e Bacharelato. Pola súa banda, a existencia da Orquestra Orff do instituto demostra a vitalidade e as ganas de facer cousas dun docente que vén de sacar adiante a segunda promoción dunha orquestra escolar nun centro que… apenas supera os 150 alumnos!!! E, ademais, conta co hándicap de que parte dos alumnos e alumnas formados o curso pasado na orquestra seguen os seus estudos fóra do instituto, que non conta con bacharelato.  

E o festival medra co apoio do concello meco, da CRTVG, que xa o ano pasado desprazou a unidade móbil para gravalos, e a colaboración do CEIP As Bizocas. 

Parabéns a toda a comunidade educativa das Bizocas por contar con este luxo de festival e, en especial, a José Manuel. No seu novo blogue (benvido!), podedes acceder á crónica e ao programa do festival.

5 Respostas a “Festival Música nas túas palabras”

  1. sesoduran dixo

    Moitas grazas Román.
    Sempre un pracer saber de ti.

  2. [...] Esta experiencia orff está resultando moi gratificante e o feito de que unha simple idea cale na xente e acabe por ser parte da súa vida non deixa de parecerme un miragre. [...]

  3. [...] A propia xestación do certame  foi ambiciosa de por si ao confluír coa creación da Orquestra Orff que, da man do profesor de música Xosé Manuel Durán, leva á partitura os poemas galardoados, que son interpretados para o público  no Festival Música nas túas palabras.  [...]

  4. [...] seu alumnado van queimando etapas de cara a  unha nova aparición pública da Orquestra Orff no Festival Música nas túas Palabras, que combina música e poesía nun repertorio que acolle tamén as partituras compostas para [...]

  5. [...] queda menos para celebrarmos unha nova edición do Festival Música nas túas palabras, no que a Orquestra Orff IES As Bizocas interpreta o repertorio no que levamos traballando todo o [...]

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>