Xa tedes disponíbel para a súa descarga a presentación correspondente á literatura galega de posguerra, que inclúe:
- Un percorrido pola cultura e a lingua galegas baixo a ditadura.
- Un achegamento á literatura do exilio.
- A poesía de posguerra e vida e obra de Celso Emilio Ferreiro.
Ademais, acompáñase esta presentación da escolma de poemas precedida dunha breve introdución teórica do poeta (baseado nun material do profesor de Suso Sambade, do IES Esparís de Brión) e mais a selección musical de temas referidos á Guerra Civil e á Transición que traballamos na aula. Entre os temas referenciados (cuxas ligazóns se inseren na última diapositiva da presentación), podedes atopar dous do disco xa mítico “Érguete!!!”, do grupo estradense Xenreira.
“Mil Nove 36″ (coa participación de Mini, de Fuxan os Ventos)
“Alalás” (versión da canción de Fuxan os Ventos)

Entradas relacionadas:









Pois só faltaba que non tiveses a túa praza en Cuntis. ¿Con quen hai que falar? Bueno, confío plenamente en que “repitas curso”. O estrano é que non remataches todos os traballos e a avaliación é de Sobresaínte. Pois nada, ou mo explicas ou repites…
Boas
non sei se coñeces esta ligazón
http://vicepresidencia.xunta.es/documentos/nazon.pdf
déixoa por aquí por se a consideras de utilidade.
Parabéns polo traballo.
Pingback: No reinado de Celso Emilio Ferreiro | Caderno de Lingua