O ENDL do CPI don Aurelio apoia o manifesto Polo dereito a vivirmos en galego e anima á comunidade escolar do CPI don Aurelio de Cuntis a participar na manifestación nacional convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística que sairá da Alameda de Santiago de Compostela o domingo 17 de maio ás 12:00 da mañá.
Eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dáme a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña.
Hoxe pintamos as linguas de azul polo galego para amosar tamén simbolicamente o noso apoio a esta mobilización.
from www.blogoteca.com posted with vodpod









Pingback: No reinado de Celso Emilio Ferreiro | Caderno de Lingua