“Berlín”, de María Lado e Fanny & Alexander, con SplashCast
Publicado por romanlandin on Abril 6, 2008
from vodpod.com posted with vodpod
Tras facer unha primeira incursión onte en Zoho Show, é a quenda de SplashCast no Caderno de Lingua. Aproveitando ese espazo de intercambio de experiencias docentes que é ‘agora rede, achegámonos a unha presentación multimedia que permite a combinación de vídeo, imaxes e textos orais e escritos. A proba que presentamos aquí é modesta e inclúe soamente música e unha imaxe de fondo mais poderíamos enriquecela ao noso gusto con máis imaxes, con texto escrito, incorporando a nosa voz… e conseguir presentacións coma esta, que dá boa conta das posibilidades educativas da ferramenta (agardamos ensinar algún froito da nosa rapazada do CPI don Aurelio en breve). Este titorial, deseñado especialmente para o alumnado, serve como guía introdutoria. SplashCast non foi localizado aínda en galego, nin portugués nin castelán, mais o seu manexo é totalmente intuitivo. Iso si, precisa práctica e algo de tempo mais non cabe dúbida que paga a pena levalo ás aulas.
O audiobook que nos serviu de probas é Berlín, poemario de María Lado con música orixinal de Fanny & Alexander que podedes descargar na Regueifa Plataforma. Ah! E ilustración de David Rubín, un dos mellores debuxantes galegos do momento.

















Xano dixo
Mira o que se pode facer con esta aplicación: http://www.adelat.org/index.php?title=mi_canal_de_television_particular_web_2_&more=1&c=1&tb=1&pb=1
A ver se lle tiramos partido!
Alberto Armada dixo
Xa aprendín a facer algo con esta ferramenta. Puxen unha nova galería fotográfica na web.
ferradura en tránsito » Nove dixo
[...] Esta primeira anotación non podo rematala sen un aviso. Escoiter Berlín, voz de María Lado, música de Fanny@Alexander. Un precioso poemario, non sei se me gusta máis a música o o poemario, nin se me dicir nada mellor. Hoxe é xa a terceira vez que o escoito. Xa o curso pasado o escoite c@s alumn@s, non nos dera tempo de escoitalo todo, este curso farémolo. Aquí, podese escoitar [...]
Ismael Ramos dixo
Dende que María Lado me regalou Nove nun dos seus recitas, quedei prendido dela. Á mañá seguinte tiven que ir a unha librería e mercar “casa atlántica, casa cabaret”. É unha das mellores poetas da lírica actual galega.
Gracias por ser como es.