Ensaiando novas ferramentas
Publicado por romanlandin on Abril 5, 2008
Seguindo os pasos da ´agora rede e de Xano, ensaiamos cunha nova ferramenta para as presentacións, Zoho Show (titorial), pois até o de agora non saiamos dos slides máis clásicos. Para estes últimos, limitámonos a crear presentacións co powerpoint que logo aloxamos nun espazo na rede ao estilo de Youtube ou Vodpod. Por regra xeral, son compatíbeis cos soportes (blogues, webs dinámicas, wikis…) que empregamos normalmente.
Zoho Show permite montar as presentacións directamente en liña ademais de subir as montaxes feitas no computador propio ao xeito dos slides comentados. De Zoho destacaría que o autor pode voltar sobre a súa edición unha e outra vez mentres que Slideshare, por exemplo, é estático, polo que habería que voltar a subir unha nova presentación actualizada dende o noso equipo para substituír a anterior. Polo demais, posúe unha gama de recursos moi completa especialmente no que se refire á apariencia, pódese visualizar directamente en rede en diversos formatos e pode integrarse noutras páxinas copiando o código.
Para facer estas probas botamos man da historia de Termiño, o personaxe da Biblioteca do CPI don Aurelio de Cuntis.
Esta entrada foi publicada en Abril 5, 2008 a 11:49 am and is filed under CPI don Aurelio, Recursos. Etiquetado: slides, web 2.0, Zoho Show. Pode seguir calquera das respostas a esta entrada ó traveso de RSS 2.0 feed. Podes deixe unha resposta, ou trackback Dende oteu propio sitio.












Xano dixo
Parabéns á biblioteca. Pero para ver a historia, tiven que facer procura, a ligazón non me leva a ela. Si a través de http://show.zoho.com/public/romanlandin/A+historia+de+Termi%C3%B1o1
Alberto Armada dixo
Xa cha metín na web. Grazas. E tamén a Xano por sinalar o enderezo.