Cinco anos atrás ocorreu algo que cambiaría para sempre as súas vidas…
Publicado por romanlandin on Marzo 11, 2008
Deste xeito tan intrigante comeza a serie Oculta identidade, a primeira ciberserie rodada en Galiza e en lingua galega. O que principiou sendo un traballo de clase rematou por se converter na primeira serie galega que se emitirá por Internet.
A estrea terá lugar na rede hoxe martes 11 ás 21:00 horas. Son doce capítulos de dez minutos de duración contarán o que acontece con Cristian Pazos, estudante de Produción de Audiovisuais da Escola de Imaxe e Son da Coruña que desaparece en estrañas circustancias. A partir dese momento os seus amigos comezarán a buscalo.
















