Caderno de Lingua

Blogue de Aula de Lingua Galega e Literatura

Ticblog

Publicado por romanlandin on Xaneiro 27, 2008

wiki

Ticblog, a bitacora que xestiona o noso compañeiro Alberto Armada, cumpre dous meses. Máis de 50 páxinas, a actualización diaria ou unha clasificación temática nunha vintena de categorías que atinxen as diferentes áreas e ciclos educativos dan boa conta do seu empeño por introducir as novas tecnoloxías no CPI don Aurelio de Cuntis.  

O labor de Alberto tamén evidencia as carencias que o noso sistema educativo amosa neste campo ao ser quen de tirar cara a adiante sen os recursos debidos e unha limitadísima dedicación de 2 horas como responsábel das TIC no centro. No entanto, e sen deixar de facerse necesarias as súas reflexións sobre esta problemática, as case 8000 visitas que atesoura en apenas dous meses, o apoio que atopamos os/as compañeiros/as para botar a andar os nosos propios blogues e, especialmente, as posibilidades que o uso das novas tecnoloxías lle abre ao seu alumnado xa pagaron a pena.

Parabéns, Alberto.

Unha resposta to “Ticblog”

  1. Moitas grazas, Román. Parabéns tamén para ti polo teu Caderno de Lingua, sempre entre os mellores blogs do día e moi frecuentemente o de máis rápido crecemento entre os blogs publicados en wordpress en galego. O teu inmellorable exemplo debería alentar a moit@s compañeir@s. Non pretendo que me sigan a min, senón a ti. A ver se pouco a pouco…
    Por certo, estou a matinar na posibilidade de solicitarmos unha web dinámica (enteireime grazas ó que me comentaches sobre o foro de Xano; non sabía que existían, a Consellería non informa de nada). Quixera saber a túa opinión, pero ignoro se na dinámica de traballo no colexio atoparemos tempo para comentalo. Agardo que si.
    Un saúdo.

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>