Caderno de Lingua

Blogue de Aula de Lingua Galega e Literatura

Isga Collective trae nas redes Martin Codax

Publicado por romanlandin on Xaneiro 22, 2008

 

O Miraxes do pasado sábado 19  achegounos dende as augas da ría de Vigo a Isga Collective, un proxecto interdisciplinar que aúna música, danza, videocreación e poesía. “A redeira”, o seu primeiro traballo publicado en 2005, inspírase nas cantigas de Martin Codax nunha combinación de vangarda e tradición musical que envolve de contemporaneidade a lírica medieval.  

A redeira é a primeira referencia discográfica editada baixo o selo vigués Sul Producciones e o espectáculo púidose ver en citas como o Ciclo Martin Codax no Verbum xunto a outros traballos como a vídeo creación Sete cantigas, sete mulleres, ou a Gala Implicate! 

O colectivo, formado por Isaac Garabatos, Mónica de Nut, Jesús Andrés, David González, Lorena Freijeiro e Patricia Argüelles, xa anda a traballar nun novo proxecto arredor das poetas galegas. A súa páxina ten unha sección de descarga de vídeos e temas como:

                                                                  ”Lúa”

                                                            “Mandadei”

                                                             “Redeira”

                                                              “Ai ondas”

Entradas relacionadas:

As cantigas de Martin Codax

Outros recursos:

Portal de Martin Codax no Centro Virtual Cervantes 

2 Respostas to “Isga Collective trae nas redes Martin Codax”

  1. Grazas, Román. Eu xa o publicara hai máis dun mes e tamén deixara no vodpod o vídeo http://ticblog.wordpress.com/2007/12/14/unha-pizarra-dixital-por-so-40-e/
    e calculei o custe un pouco máis barato (descontando o bluetooth que xa teñen os portátiles). Estiven “en contacto” cos primeiros que o publicaron (Choulo) e onte díxenlle a Carmen (Tecnoloxía) que lle tiña que facer un encargo, pero tiñamos clases e non me deu tempo. Como este venres andarei de excursión (Galicia Dixital) pódesllo comentar ti. Bueno, en Palmeira seica o fixeron, pero non sei… A ver se podemos facer algo… Saúdos.

  2. romanlandin dixo

    É verdade, lembro ese post teu pero non o relacionei con este outro. Parece unha solución moi boa á falta de recursos.

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>