Caderno de Lingua

Blogue de Aula de Lingua Galega e Literatura

Mil grazas!

Publicado por romanlandin on Xaneiro 14, 2008

Paco Díaz, coordinador da Área de Linguas do CEFORE de Pontevedra vén de reseñar o Caderno de Lingua no blogue galegoxdocentes, bitácora que recolle as achegas dos profesores que impartiron os diferentes módulos dos cursos de lingua galega para o profesorado no primeiro trimestre deste curso e nace, ademais, coa vocación de funcionar como un espazo dinámico que inclúe recursos para o ensino en galego nas distintas áreas e materias do ensino non universitario.

Ese mesmo espírito, aínda que enfocado cara á materia de Lingua Galega e Literatura, é compartido por este Caderno de Lingua, que cumpre hoxe cinco semanas de vida, ronda a trintena de entradas e supera as 2000 visitas. De momento, imos dando conta sobre todo de diferentes recursos que hai na arañeira ao tempo que colgamos algúns materiais propios, que non pasan de ser unha mostra do que se fai en moitas aulas de lingua por todo o país. Falta por dar ese paso que outros/as están a dar ao aplicaren  as novas tecnoloxías á elaboración de materiais… no seu sentido máis amplo queremos dicir, posto que o Caderno de Lingua, polo de agora, apenas explora as posibilidades que dá a rede para transmitir contidos e información.

O máis positivo destas últimas semanas foi constatar como se vai tecendo unha pequena constelación de páxinas e blogues persoais para o intercambio de actividades, experiencias e proxectos das que podemos tirar moi bo proveito.

2 Respostas to “Mil grazas!”

  1. Parabéns por esta interesante iniciativa.

  2. Grazas a ti, Román, polo teu traballo e dedicación.

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>