Caderno de Lingua

Blogue de Aula de Lingua Galega e Literatura

Linguas minorizadas peninsulares II: aragonés e asturiano.

Posted by romanlandin on Xaneiro 14, 2008

Seguimos coa ficha correspondente ao aragonés e o asturiano. Desta volta, facémolo con Mallacán e Dixebra, dúas bandas veteranas que levan nos escenarios 15 e 20 anos respectivamente.  Sempre fieis ás súas respectivas linguas, na súa música ábrense á mestura de estilos dende a base do rock, o reggae e o ska introducindo instrumentos tradicionais como a dulzaina e a gaita, coplas populares, etc. “País Zierzo” é o disco que vén de traer a Mallacán dunha xira europea e “N’acción” recolle nun CD e un DVD o directo dos asturianos. 

Mallacán: “Zierzo”.

 

Dixebra: “Mañana fría”. 

Os vídeos destes temas -o de Mallacán coa letra- están disponíbeis no Vodpod á vosa esquerda.

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>