Caderno de Lingua

Blogue de Aula de Lingua Galega e Literatura

Guión de traballo da novela “A banda sen futuro”, de Marilar Aleixandre.

Publicado por romanlandin on Xaneiro 5, 2008

Está á disposición do alumnado de 3º da ESO o guión de traballo d’A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre, lectura obrigatoria do segundo trimestre. A data límite de entrega é o xoves 21 de febreiro.

Con carácter optativo, podedes escoller outras obras de lectura de entre as que aparecen na listaxe de lecturas voluntarias entregada a comezos de curso.

Guión de traballo d’A banda sen futuro.

Posteado tamén en Seica chove no patio?

3 Respostas to “Guión de traballo da novela “A banda sen futuro”, de Marilar Aleixandre.”

  1. marilar dixo

    Ola Román
    Díxome Heladio (se che conto que foi un paxariño non o habías crer) que na web había un guión para ler a BSF. Vaia, ho! Agora as rapazas e os rapaces de terceiro da ESO van crer que eu escribín a novela coa intención de facelos traballar! E logo terei que aturar a Carlota que me dará faterna durante todo o mes… (é pesada como o pé dun muíño). Pois iso, que nego, en presenza do meu avogado, responsabilidade a respeito dos traballos académicos.
    Porén, o guión está moi ben pensado. Parabéns. Como aquí non sei como subir documentos, mándoche a través de Heladio o guión que escribín para a presentación da novela.
    Grazas e unha aperta
    marilar

  2. romanlandin dixo

    Grazas, Marilar, mais perde coidado, o peso da súa xustiza (a do alumnado) ha de caír sobre min…. se non gusta o libro… mentres que no caso contrario a que contará coa súa indulxencia e máis dunha recomendación e mesmo algunha lectura a maiores será a autora.

    O guión, á fin e ao cabo, está pensado para fuxir do clásico control de lectura dun libro e bebe das guías de lectura de Xerais. O único que busca é sentar as bases de futuros traballos coidando a presentación, a necesidade de argumentar e exemplificar aquilo que se afirma sobre a novela (argumento, personaxes…), facer un bo resumo ou unha valoración, propiciar a reflexión persoal arredor dalgún aspecto concreto, etc. E se fose pouco, para rematar por deteriorar a imaxe do profesor, devolver o traballo semicorrixido (na lingua e no contido) para que o rematen de corrixir. En fin, que vais ser que os autores safades.

    Cando rematen a segunda avaliación, cualificaran este e mais outros (en 4º teñen “Rúa Carbón” de optativo). Xa publicaremos as notas. Saúdos e grazas pola visita.

  3. marilar dixo

    De corrixir traballos sei algo. Moitos anos no instituto e outros tantos na universidade. Prefiro dar vinte horas de clase a corrixir dez exames ou traballos. Por riba, cando marco unha gralla ortográfica, as protestas ¡que terá que ver iso coa didáctica das ciencias!
    En fin, a miña solidariedade. Tampouco era a miña intención facer sufrir aos profes de galego ¡de verdade!

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>