Parabéns ao Seminario TIC do IES Sangriña da Guarda
Publicado por romanlandin on Xaneiro 4, 2008

O traballo multimedia A auga. Aplicacións enerxéticas na Galicia preindustrial vén de ser galardoado co 1º premio na modalidade de materiais curriculares nos premios aos Recursos Educativos para a Sociedade da Información que convoca a Consellaría de Educación entre o profesorado de ensino secundario.
Coñecín o proxecto a través dun dos seus autores, Javier Crespo, que impartía un seminario sobre recursos e ferramentas informáticas aplicadas ao ensino nun curso de formación do CEFORE de Pontevedra a comezos de novembro. Tanto me impresionou que ao outro día falei del por Cuntis e alí gustoulle ao noso especialista no mundo das TIC, que o publicitou ao momento. E despois aínda remexeron máis nel porque o traballo ben o merece.
Dade unha volta polo portal de recursos educativos porque paga a pena botarlle unha ollada a todos os proxectos premiados.
Parabéns!

















