Caderno de Lingua

Blogue de Aula de Lingua Galega e Literatura

Dúas publicacións históricas na rede

Publicado por romanlandin on Xaneiro 1, 2008

Vistos Otero e Risco antes do nadal, seguiremos debullando o tempo das Irmandades da Fala e do Grupo Nós con Castelao á volta das vacacións. Xa que non temos na nosa biblioteca nin ao noso dispor persoal exemplares orixinais das publicacións galeguistas máis influíntes da altura, o portal Cultura Galega achéganos ás aulas uns números emblemáticos da revista ourensán Nós e do xornal A Nosa Terra na súas etapas agrarista e galeguista, que podemos descargar en formato PDF:

Número 1 (1ª época) d’A Nosa Terra (4/8/1907)

Número 1 (2ª época) d’A Nosa Terra (14/11/1916)

Número 12 de Nós (25-08-1922)

Aproveitamos a ocasión para felicitar as xentes d’A Nosa Terra polo centenario da publicación, saudado dende o grupo editorial cun novo formato para a edición en papel e unha versión dixital diria que incorpora audio e vídeo.


Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>