A escola das areas
Publicado por romanlandin on Decembro 23, 2007
![]()
Nunha viaxe a Pontevedra Frei Martín Sarmiento discute cun mestre castelanfalante sobre a necesidade de lle ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo.
“A Língua Animada” (Algarabía Animación & Lúa Films) é unha serie de animación con plastilina destinada a promocionar a cultura galega que se basea en textos de autores galegos homenaxeados no “Día Das Letras Galegas”. A curta “A escola das areas” achéganos de xeito ameno e lúdico o papel do Padre Sarmiento no lento rexurdir da lingua galega tras os denominados Séculos Escuros.
Podes visualizala no Soportal do Audiovisual Galego.














