Caderno de Lingua

Blogue de Aula de Lingua Galega e Literatura

O tempo das Irmandades

Publicado por romanlandin on Decembro 10, 2007

 

3 Respostas to “O tempo das Irmandades”

  1. mariluz dixo

    Román,
    Non hai moito que coñezo este marabilloso espazo, pero dende que tal cousa me pasou, agora a visita é case diaria. Grazas por todos os traballos que aquí amosas e compartes pois son ferramentas moi útiles e que alixeiran o traballo.
    Voume permitir a licenza de usar algunhas das túas presentacións nas miñas clases, comezando por esta.

    Repito, graciñas outra vez.

    Mariluz, desde Carnota

  2. romanlandin dixo

    Grazas polas túas palabras, Mariluz, mais creo que es demasiado xenerosa. Os traballos son para compartir, por suposto, e entre todos/as estamos tecendo unha pequena rede que é beneficiosa para o colectivo de docentes e o alumnado. Recomendo, por iso, blogues e webs como Remexer na Lingua, Na punta da Lingua (ou o que é o mesmo, http://www.rosasalgueiro.com), Revolta da Freixa, Caderno de Cores…

    Ten en conta que esta, como outras presentacións, acompañan o libro de texto e só queren poñer imaxe e ás veces sons aos materiais que empregamos acotío. Nunhas ocasións seguen fielmente o libro de texto, noutras afástase… espero que para enriquecelo.

    Saúdos

    Román

  3. Carmen dixo

    Opino o mesmo cá compañeira, atopar este sitio foi como atopar un tesouro, canto traballo e que ben feito! Súmome ao uso deste apartado nas aulas. Un saúdo dende o IES Lagoa de Antela, en Xinzo de Limia.

Deixa un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>