Proxecto Lector
Publicado por romanlandin on Decembro 6, 2007
Os grupos de traballo para desenvolver o Proxecto Lector no CPI don Aurelio xa están en marcha. A Equipa da Biblioteca e o Grupo de Primaria xa fixeron as súas primeiras (e xa bastante adiantadas) achegas mentres que o Grupo de Secundaria botou a andar logo do último claustro, no que -porque non dicilo- saíron á luz moitos receos cara a este novo plan dinamizador que inclúen os novos currículos da LOE.
A elaboración do Proxecto Lector pode converterse nun proceso idóneo para reflexionar acerca das prácticas docentes relacionadas coa lectura e a escrita e a educación en información na procura dunha mellora na calidade do ensino e na construción dunha sociedade lectora. Os titulares que inundaron os xornais estes días tras coñecermos os resultados do Informe PISA poñen de manifesto a importancia de consensuar e pór en práctica un Proxecto Lector nos centros de ensino.
No Wiki do CPI don Aurelio poderedes atopar unha páxina con ligazóns sobre esta cuestión.
















